Friday 10 de May de 2024

Nova quenda de imaxes gañadoras no seo da campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal para as redes sociais


Novas instantáneas resultaron agraciadas unha semana máis dentro da campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal da Pobra do Caramiñal. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, fixo a entrega de cada un dos vales/caramiñas por un importe de 200 euros para trocar nos comercios e negocios locais adheridos.

Trátase dunha acción orientada ás redes sociais, segundo apunta a edil, que sortea 200 euros diarios, así como o gran premio da viaxe familiar a Eurodisney para catro persoas que patrocina a empresa Congalsa.

A dita iniciativa estenderase ata o día 5 de xaneiro e particípase compartindo as fotografías tomadas nos photocall coñecidos como Recunchos do Nadal nas historias do Instagram, que debe ser público, mencionando a conta @caraminhasnapobra.